Tema 8: As rochas e os minerais
Se queremos observar unha explotación mineira a ceo aberto e moi antiga e preto de Galicia, podémonos desprazar ata As Médulas. Antigamente este territorio tamén formaba parte do reino de Gallaecia (Galicia). A mina data da época de cando os romanos estaban aquí, está situada na zona do Bierzo, no norte da provincia de León
Como vedes a súa explotación fixo que a paisaxe se vise alterada, mudou a orografía (obsérvanse desmontes) e non por causas naturais senon pola actuación humana ao extraer da codia terrestre os recursos naturais, neste caso ouro. Actualmente, esta paraxe forma parte do patrimonio cultural do Bierzo (León).
1-ROCHAS E MINERAIS
Antes de nada temos que recordar que,cando falemos de xeoloxía, nunca poderemos usar a palabra "pedra", falaremos de:
Como se clasifican?
- rochas: materiais formadas a partires dun proceso xeolóxico.
- Están formadas por minerais (un ou varios), pero tamén poden estar formadas por restos de seres vivos (carbón, petróleo a única rocha que é líquida).
- As rochas forman a codia e o manto da xeosfera.
- Podemos diferencialas pola variedade de minerais que as compoñen, polo tamaño dos minerais, o grado de dureza,...
- minerais: materiais cunha composición determinada que poden ter formas e cores distintas.
- Podemos diferencialos pola cor, brillo, dureza, densidade, forma, condutividade, propiedades magnéticas,... tamén polo sabor, olor,...
Como se clasifican?
- rochas: polo seu proceso de formación: volcáns, sedimentación, ...
- minerais: pola súa composición química
PRESENTACIÓNS
2- ROCHAS DA SUPERFICIE DA TERRA
Pero as rochas non están sempre igual, cambian continuamente variando a súa posición na codia terrestre. A maioría destes cambios son moi lentos, prodúcense ao longo de millóns de anos. Este proceso recibe o nome de erosión. Os restos son transportados polas augas e sediméntanse no fondo mar formando rochas sedimentarias.
PRESENTACIÓNS
- A terra e as súas capas: atmosfera, hidrosfera, litosfera
- A orixe das rochas:sedimentarias, ígneas, metamórficas
- Tipos de rochas:s edimentarias, magmáticas e metamórficas
- Proceso de formación das rochas
- Galería de fotos das rochas plutónicas, volcánicas, metamórficas e sedimentarias
- Os fósiles(rochas sedimentarias)
ACTIVIDADES
- Completa o texto:
3- AS ROCHAS E O INTERIOR DA TERRA
As rochas tamén poden ser formadas polos volcáns. Estas rochas pódense formar no interior ou na superficie da codia, chámanse rochas magmáticas ou volcánicas.
Unha rocha formada no interior da codia sería o granito, unha formada ao arrefriarse na superficie sería o basalto.
Aquí tendes un vídeo onde se ve unha erupción volcánica e ademáis explica como podemos crear enerxía aproveitando o vapor de auga que hai no interior da terra..
ACTIVIDADES
- Terremotos
- Volcáns: a través deste vídeo podedes coñecer o volcán máis perigoso do mundo " o Kracatoa", situado no sudeste asiático.
4- USOS DAS ROCHAS E MINERAIS
Polos usos que lles damos as rochas e minerais, o ser humano desde a antigüidade adicouse a extraelos da superficie terrestre:
- ROCHAS: industrial (cemento, xeso, arxila,...); como fonte de enerxía (lignito,carbón, petróleo); para a construción de vivendas, monumentos
- MINERAIS: para obter "materias primas" que empregamos para a industria (ferro), a agricultura (fosfatos), alimentación (minerais necesarios para a vida), producir enerxía (uranio), xoiería (ouro, prata, xemas: diamante, ágatas,...)
ACTIVIDADES
- Rochas e minerais
- Aquí atoparás pistas,se saes ao campo, para recoñecer rochas, minerais, usos,...
- Arrastra rocas e clasifícaas en sedimentarias, volcánicas e metamórficas
- Verás como se desprazan grans e fragmentos de rochas formando sedimentos, coñecerás as rochas sedimentarias e fósiles
- Coñece mellor as rochas e os minerais
EXTRACCIÓN DE ROCHAS E MINERAIS
PRESENTACIÓN
Na actualidade e ata fai pouco tempo, tamén podiamos visitar unha mina moderna a ceo aberto en As Pontes de García Rodríguez, na provincia de A Coruña. Esta mina foi durante moitos anos a mina a ceo aberto máis grande de España, extraía lignito para abastecer unha central térmica. Foi inaugurada no ano 1972 e pechada no ano 2007.
Na actualidade, Endesa, que era a empresa que a xestionaba, despois de pechar a mina iniciou un proceso de recuperación dos terreos creando un lago artificial aproveitando a auga do río Eume.
MINAS SUBTERRÁNEAS
Outras forma de extraer os minerais e as rochas cando están no interior da codia é a través de minas subterráneas ou pozos formados por galerías.
No hay comentarios:
Publicar un comentario