Unidade 5: O ser humano no ecosistemas
Capitán William Bligh,biografía, (1754 - 1817) capitán del Bounty |
Para iniciarmos na influencia do ser humano nos ecosistemas, a lectura que ilustra o inicio do tema preséntanos a un capitán despótico que, por coidar a mercadoría que transportaba, non dubidou en poñer en perigo a súa tripulación. A súa misión consistía en trasladar plantóns da "Artocarpus altilis" (árbore do pan) desde Tahití ata as colonias inglesas do mar Caribe para que os seus froitos serviran de alimento aos esclavos ingleses.
Agora que coñecemos a verdadeira historia; sabemos que o capitán realizou unha auténtica proeza ao salvar aos seus homes despois do motín e conseguir regresar coa súa tripulación a Inglaterra.
Agora que coñecemos a verdadeira historia; sabemos que o capitán realizou unha auténtica proeza ao salvar aos seus homes despois do motín e conseguir regresar coa súa tripulación a Inglaterra.
Hoxe en día estamos afeitos a ter nas nosas mans produtos doutros lugares pero naquel tempo (1787), o descubrimento da árbore e o seu traslado foi toda unha fazaña "case comparable", nos nosos tempos, ás sorprendentes imaxes que podemos ver do planeta Marte gracias ao "Curiosity". Xa sabedes que estamos á espera de que a NASA faga públicos os descubrimentos que acaba de enviar o Curiosity (entre o tres e o sete de decembro). Haberá que estar atentos ás noticias!
Outras veces a influencia do ser humano nos ecosistemas non só consiste en alteralos, na perda de biodiversidade (desaparición se seres vivos), na sobreexplotación de recursos, senon en que destruímos e contaminamos o medio natural.
Penso que tratando o tema " O ser humano nos ecosistemas" non podiamos deixar de lado o xuízo sobre o maior desastre natural acaecido nas costas galegas que se está a celebrar nestes momentos en A Coruña. Para vós, que naquel entón aínda érades moi nenos, e para todos nós, que debemos tomar conciencia aí van estes videos:

foto Xurxo Lobato |
Desde a semana pasada, coincidindo co aniversario do sinistro (13 de novembro de 2002), estase a celebrar o xuízo da catástrofe do Prestige , a sede está na Coruña e valórase que o coste do xuízo será duns 1,4 millóns de euros, só a reclamación da Xunta de Galicia alcanza os 3.800 millóns de euros.
Os acusados que terán que declarar son: o capitán do barco Apóstolos Mangouras, o xefe de máquinas e o primeiro oficial do petroleiro, así como a navieira propietaria do buque e altos cargos como o director xeral da Marina Mercante.
"Marea negra" |
"Marea blanca" |
Atoparedes máis información sobre o tema nos seguintes enlaces:
- Preme en "Espazos protexidos galegos", coñecerás e situarás na xeografía galega lugares de interese así como a vexetación autóctona do ecosistema elexido.
- O ser humano nos ecosistemas, animación onde se presenta as consecuencias da actividade humana na natureza.
Se queres disfrutar con ecosistemas galegos podes ver estes videos::
Tamén podedes realizar actividades moi interesantes e divertidas en:- Como coidar o entorno, atoparás exercicios onde repasarás e aprenderás conceptos sobre: medio ambiente, degradación do medio, agricultura ecolóxica, entorno, salvermos o noso entorno. ANÍMATE E PARTICIPA !!!!
- A ecoloxía
- Queres saber como podes convertirte nun "detective medioambiental" ?
Imaxe sacada de:
"La verdadera historia de motín de la Bounty"
http://www.periodistas-es.org/fotoperiodistas/xurxo-lobato-sobre-su-foto-del-prestige-el-secreto-fue-decidir-rapido
http://www.eldiario.es/economia/Ecologistas-Accion-advierte-Prestige-repetirse_0_57044687.html
http://ethic.es/2012/10/el-prestige-tuvo-un-impacto-economico-y-medioambiental-de-3-862-millones/